sábado, 12 de septiembre de 2020

A candela conto en galego

A candela, conto en galego

Fai moito tempo, moito, moito, había un raparigo que vivia nunha aldea de Galiza, ca sua aboa, a sua irma mais cativa, quil, os seus pais, morreran sendo il, e a sua irma tan cativiños, que il nin os lembraba

O noso amigo, chamase Manolo, a sua irma Rosa  sua avoa, Carmela, son probes, non dos maís probes, viven nunha casiña de pedra, que ergueu, cas suas mans o seu avo, teñen  un pozo do que sacan auga, unha leira pequena  onde recollen, centeo, trigo, e un castaño, e, non, non teñen patacas, ni tomates, porque isto pasou fai tanto tempo, que non viñeran aida das Américas, nin ninguen sabía que era iso, si teñen berzas, calabacins;  animais, 2 ovellas que lles dan lá, unha  vaca que axuda a traballar a terra, e dicir a leira,  4 pitas e un galo, que dan os ovos, un can de palleiro, e un gato, que esta sempre que pode perto da lereira

Non teñen luz eléctrica, pois faltan moitos seculos, pra que un señor chamado Edison a descubra; pro tampouco teñen candies de gas, alumeasen con velas, e dicir candelas, cando poden mercar a cera, pra facelas, ou cun candil  ou candela de aceite.

E con isto xa podemos empezar a historia en serio

A avoa Carmela, o encender o lume da lareira, cos mixtos,  percatouse de que o candil ou a candela, estaba apagada, e, non so apagada non tiña nen pizca de aceite, hasta que fose a feira vender ovos, queixo, algunhas verduras, non podería mercalo, pra freir non soian usar o aceite, senon o sebo ou grasa do porco, que se recollia, o facer os terrons; non se alporizou a señora Carmela, por non tener aceite, foi ollar se quedaba algunha vela, candela de cera, nada, ben Deus xa lles votaría unha man

Mandou erguer os rapaces , deulles o almorzo; un vaso de leite morno, e dicir tal e como sal do ubre da vaca, cun pedazo de pan de centeo, preparouse pra ir traballar o campo,  puxo na carteira da escola de Manolo, un pedazo de pan e de queixo, e unha bota de viño rebaixado con auga, Manolo ia pra a escola, e tiña que andar moito, non  iba sempre,  pro alo menos tres día a seman, a sua aboa, quería que fose, o menos que supese botar contas, ler e escribir, a nena iría cando fose un pouco maís grande. Bicouno, e lembroulle, que vira cedo, non se entretuvera cos outros rapaces, xogando, pois logo anoitecía e ia sen candela, pues a sua non tiña aceite.

No camiño de volta da escola Manolo, atopou unha candela, con moito aceite, e moi fermosa, tomouna, e levouna pra casa, e dicho a sua avoa, a verdad, que a, atopara, a avoa Carmela,, dixolle que as cousas teñen dono, aquela candela era de alguen que a perdera e, andaría a buscala, tiñan que preguntar os veciños, e, asi percorreron o lugar, preguntando de que era, naide perdera candela, nenguna, outras personas xa se darían por contentas, pro a señora Carmela, non, e mandou a Manolo que dibuxaba moi ben, que fixese un debuxo da mesma e escribise debaixo onde a atopara, e onde a podía o seu dono vir recoller, fixeron moitos carteis, que amarraron con cordas a arbores no camiño no que fora atopada  e perto da escola,

E o cabo de catro días,  unha carroza real, parou cerca do fogar de Manolo a sua irma, e a sua avoa, baixou un home moi elegante, e continuación o rei e maila a raiña

Pediron permiso pra entrar, pois o rei, e rei do país, pro cada un e rei na sua casa, a avoa mandounos pasar chea de medo, e de ledicia, a raiña contou que a candela era da sua filla a princesa, que a perdera cando saira a dar unha volta cas suas donas, alabou a honrandez da avoa e do neto, e dixolles, que podían ir vivir a o se pazo, Manolo, xogaria ca princesa que era da sua idade, mais ou menos, e o mesmo a nena, a irma, e estudaraían no pazo cos mesmos mestres

A avoa rexeitou, agora os nenos son cativos serían iguales e xogarían xuntos,  pro o cabo de pouco tempo, a vosa filla Maxestade sería a princesa, e os meus netos seus criados, moitas grazas pro non

Entendoa moi ben, dixo o rei, pro o que non poden rexeitar e que lles mandemos aceite dos nosos olivos, que mercamos o rei moro de Granada, e que dan moi bon aceite, e que veña un criado noso, levar e traer o seu neto, e loga a sua neta, a escola, onde aprendera moito maís, e logo a universidade

Pois non Maxestade, eu non podo aceptar que me regaledes aceite, mentras os meus veciños non o teñen, mellor porque non poñedes colmeas pra que todos os veciños podamos facer mel, e cera da que facer candelas, o aceite xa o mercaríamos, o da escola non esta mal, pro a do pobo tampouco, na aldea  hai maís nenos, mellor poñan a suas maxestades escolas maís perto da aldea pra todos os nenos e nenas, e, o da universidade, si, pro non pra o meu neto, senon pra il, ou pra outro, u outras se demostran nos estudios que serven para estudar

Os reises pareceulles moi ben, e aceptaron, puñeron as colmenas na aldea, duas a cada veciño,  fixeron  escolas, crearon o que hoxe se chaman, becas de estudio, e so impoñeron unha condicción, un día cada dos meses irían ca princesa, e o principe que era moi cativiño, pasar un día con iles, como uns mais, a avoa acetou, e Manolo, a sua irma, fixeronse moi amigos dos principes, por que a amizade non entende mais ca de nobreza do corazón.

Fin


No hay comentarios: