domingo, 6 de marzo de 2022

O campesiño e o lobo. Relato en galego


O campesiño e o lobo
Naquel tempo, había moito medo, correrase a voz de que escapara  da cadea, un malfeitor apodado, “ O foucellas”; e podía estar agachado en calquer sitio
Era no mes do outono, se lembro ben, o campesiño que me contou esta historia, que lle pasou il, tornaba “pra” o seu fogar xa de atardecida, e tiña que ir percorrendo varias vilas  e aldeas e montes, hastra chegar a sua, ademáis do malfeitor, deciase que había parido unha loba
O, home aproveitou que era noite de luar, en comenzou a camiñar por enriba dunha pequena parede ou muralla, enton veuno, a poucos pasos del enfrente, o principio tomouno, por un cadelo, pero pronto supo que era o lobo, o a loba. Tivo medo, pro fixo a sinal de Cruz, e dixolle, “Qué hai amiguiño, non, nos vamos facer mal, os dous somos de Deus, eu vou pregar a Deus e a Virxen María, se me queres acompañar”
E comenzou a pregar, “Noso pai...” parou un intre coma se estivera pregando con outra persona, o lobo, ouviou, o campesiño acabu co “painoso”, e comenzou, a Ave María, e o lobo, ouviou, de supeto o animal deu un salto, e desapareceu, mais pronto tornou varias veces, fora buscar o seus pequenos, 4 lobatos que mostrou o campesiño, iste dende o seu muro, alaboullos y desexolles o mellor , seguiron ainda un rato
Hastra chegar a aldea, onde se despediron
O campesiño contouno na casa, e todos se alporizaron, os lobos no rezan, a Virxen no e a raiñas das feras, o campesiño dixo que lle iba consultar o crego, o día seguinte, que era Domingo, e así o fixo, o crego negouno, mais o campesiño perguntoulle se a Nosa Señora no era raiña de todo o creado- O probe crego, tivo que darlle a razón; pues logo dixo o campesiño, dado que o lobo e criado, e tamen a sua raíña, e o crego deuse por vencido. No que non cedeu foi no de que pregasen, ben non cedeu enton, porque a tardiña, mentras pregaba co seu Breviario, leu no salmo 139. “Ruxen os leoncillos po la presa, pedindo a si a Deus o seu alimento”
“Pois dixo se o bon crego, se o fan os leons, farono tamen, os lobos, Louvado sexan sempre Deus e Santa Maria”
E o domingo seguinte, deulle a razón o xoven campesiño
Ista historia, contouma fai moitos anos, o mesmo campesiño,  o meu tío Xan, o Juan, que agora, vive ca Raiña de todo o creado, aunque dado que era moi fachendoso, o mellor ainda esta no salón de beleza(purgatorio), por iso prego por il
Fin

No hay comentarios: