martes, 17 de mayo de 2022

O traxe de noiva


O traxe de noiva
Carmela non sacaba ollo, do retrato que pendeiraba da parede da cociña salón da sua aboa Carmen
Aboiña, quen e a rapaza que leva un ramo de frores na man
A rapaza sonche eu, e o rapaz o teu abo
A logo qué ibades a unha festa
Si a festa da nosa boda, eu ahi estoy vestida de noiva, o ramo regaleillo a unha amiga, a María a Nosa Señora
Carmela frunce o fuciño, xa ten 11 anos, en non cree parvadas, isa no e unha foto de boda, a sua aboa, esta de negro, cun velo negro, así que moi seria dí
Non che creo aboiña estas de negro
Claro que estou de negro, enton sobor todo nas vilas e aldeas as rapazas casaban de negro, ainda que a ailma fose moi limpa, de negro e de corto.
Lembro aquel día e os anteriores como se pasase onte, ou antonte, e fai cha meu Deus bendito, fai xa 50 anos
Voucho contar
E Carmen arrimou o balde onde estaba debullando os guisantes, deu otro caldeiro mais pequeño a neta para que lle axudase e comenzou a falar
E tí e eu vamos escoitar pois non, nos poden ver.
Carmen pecha os ollos un intre e daicha que o seu maxin voee moi lonxe no tempo
Ela e unha rapaza nova unha rapariga, e fai xa seis meses que Braulio a acompaña a saida de Misa, e un bon rapaz, traballador e trata moi ben o gando, a sua familia non e rica, pro non lles faltan unhas leiras que cultivar e sembrar.
Hoxe dicholle que, quer casar con ila, Carmen, baixou a vista “pra” quil non vise as suas bagoas de ledicia, nin o colorada que se puñera
E casi nun murmullo dicholle, iso tera que falar os teus pais cos meus-
Pois dille o tío Benito, que se lle ven ben a il a sua dona a señora Carmela, iremos ista tarde ou mañan cando iles queiran, eu xa falei cos meus pais, e aceptante por nora
Carmen alcanzou os seus pais que viñan detras cos irmans mais novos e contoullo
Pro se ainda es moi nova, milla nena, dicho a señora Carmela, tes solo 16 anos meu Deus, pro se teu pai da permiso, e se o queres, pensa que e “pra” sempre pois que veñan cando queiras ca miña bendición
E fixose a pedida de man, acordouse onde viviran unha vez casados, xa so faltaba falar con cura pras proclamas, enton non se facían cursillos, e faltaba o vestido da noiva
Carmen había baixado a vila a facer unhas compras e vira no escaparate dunha tenda de fotos, unha novia, de branco que tal mente semellaba unha princesa
E soñou que ila era esa noiva, mais onde mercalo
A sua nai Carmela e a sua aboa Dolores, dicheronlle que iso era imposible, por moitas razons
A primeira que iba ir limpando as estradas, os camiños ca cola do vestido
Segundo isos eran traxes para un so día, e moi caros, mentras que o traxe de noiva negro, servía para moitos mais días, non da diario pro si outra boda, un batizo, e tamen un enterro, o traxe de noiva branco  esta ben pras señoritas da vila, as ricas que as probes tampouco o levan
Terceiro e mais importante, naide o levou nunca na vila, nin o leverá se tí o levas sería como si quicheras destacar por riba de todos, e iso e soberbia, nun pobo, nunha aldea todos somos iguales.
Iremos mercar a mellor tela de seda e raso negra, levaras un ramo de frores de rosas blancas e de azahar, e ise ramo llo donaras a Virgen, estaras fermosa porque a tua aialma e  branca e pura, e seras unha boa esposa e cando Deus queira, unha boa nai
Carmela aceptou e mercaron a tela pro traxe que fixo ila mesma ca axuda da sua aboa Dolores
O día da boda saiun da casa tan fermosa con ramo nas mans, unha rosa branca prendida do velo negro de encaixe que baixaba po los seus hombros
Estaba tan fermosa que o noivo o vela, resteñou os ollos e dicho
“¿Non serás vostede a nosa raiciña Dona María das Mercedes, e senon o é, seguro que e algun parente, pois so as prencesas e as raiñas visten así e son asi de fermosas?
Carmela sonriu, o terminar a ceremonia da boda foi pregar a Virgen, polo seu recen estrenado matrimonio.
O fotografo co permiso do crego, dicholle se puñeran preto da imaxen da Virgen para facerlles a foto,  diante había un espello, e Carmela non poido evitar verse nil, e veuse vestida de branco, coma soñara ir
O cabo de uns poucos días, contoullo o crego, e il dicholle que a Virxen lle concederá verse, como a vían Deus e Ela, e que había noivas de branco, que Deus veía de negro
Carmela foi moi feliz no seu matrimonio, o traxe volveu a poñer para a Misa de funeral que se tivo na aldea por a pobre raiña María das Mercedes morta de tisis os dezaoito anos-
E para boda da sua irma Loliña, pronto chegaron os fillos, mais esa xa e outra historia
Ben que che parezou a historia do meu vestido, dicho mirando para a sua neta
A nena ergueuse bicouna e dicholle, cando case, quero ir de negro coma tí
Vai como querais tí casaras na vila, pero sea o traxe negro o branco o teu amor que sexa sempre puro e non acabe nunca.
Fin
Iste conto e a miña pequena colaboración co día das letras galegas

No hay comentarios: