miércoles, 17 de mayo de 2023

O sombreiro e o neno Ricardiño


O sombreiro e o neno Ricardiño
Fai xa bastantes anos, había nas cidades e viles tendas onde se vendían e mercaban; todo tipo de sombreiros, tanto pra cabaleiros coma pra donas, chisteras, canotiers, Pamelas, de Panama etc
Por aquel entón, os homes que se tiñan por cabaleiros, levaban todos a sua testa cuberta cun sombreiro, pra saudar tocaban  ca man a á do mesmo, e se atopaban cunha muller descobriase, o mesmo facían na eirexa; e o entrar  nunha casa.  
Con isto estaban dicindo que as casas, os fogares eran lugares sagrados, e o mesmo as mulleres
Mais iste conto, historia ou como lle querades chamar non vai de costumes de aquel tempo; nin tampouco das mulleres que foron chamadas as “sin sombreiro”
Ista e a historia dun neno, de Ricardiño
Na Cruña, chamada agora por A Coruña, e dicir La Coruña, había perto do teatro Rosalía, unha de isas  tendas, que expoñía nas suas fiestras do escaparate, tanto sombreiros “pra” donas coma sombreiros pra cabaleiros.
Un día iba o noso amigo Ricardiño, paseando dan man do seu avo,  D.Ricardo, e pararonse frente do escaparate da susodicha tenda.
De supeto o raparigo dixo.
“Ay avo que sombreiro, tan bonitiño, porque non mo mercas, gostame moito”
Ricardiño, fillo ise é un sombreiro, “pra” homes, e tí es un neno ainda
Avo, falasme coma seu fose un cativo de catro ou tres anos; e son un raparigo, que digo un rapaz que xa ten nove anos
E o dicilo fixo incapé, no dos nove anos, como si en vez de nove; fosen noventa.
D. Ricardo decidíu entrar na tenda co rapaciño
Bos días nos dea Deus; D. Eladio. Dixo saúdando o dono da tenda e un dos vendedores
Bos días teñan vostedes tamen. Respostos o Eladio
É que se lles ofrece
Pois aquí o meu neto, que é iste cabaleiro; (dixo, D. Ricardo amosando a Rícardiño) quer un sombreiro, pro non un calquera, non quer ise de pano, o canotier da fiestra diestra do escaparate
O Eladio, saludou o neno, estreitandolle a mán. Logo puxoe moi serio, o iso deu a entender e dixo
Ten vostede señor Ricardiño bo gusto, mais o meu pesar; non lle poido vender ise sombreiro, nin a vostede nin a ninguén, xa que ten dono, é non, non esta vendido, o seu dono, esta con il.
Tomamé por un cativo, lembrolle que teño 9 anos, así que D. Eladio fagame o favor
Non, por Deus, que mais quixera eu que venderllo, o que pasa e que cuberto polo mesmo, vamos que ise sombreiro esta na testa de D. César
Xa, e agora vainos dicir que o tal D.César e un mago, o que outra falcatruada, vai soltar vostede
D. César un mago, non un  pobre home pai de sete fillos, e doce fillas, o que un  mago malvado, un bruxo enmeigou votadolle o mal de ollo, en condenandolo a ser invisible, somente o pode ver un anaco pola anoitecida, a sua dona, e a sua filla maior, despois, nada, o probe esta aquí na tenda, hastra que vai pra sua casiña, a xente asustase, o vel un sombreiro que camiña só, pro e que cando non o levaba, pisabono, golpeabano, coma non vian; xa se darán conta vostede. E se perguntaran tamén porque ista maldición por parte do bruxo, pois foi a causa dunha trasnada que lle fixo un dos fillos pequenos de D. César, e o bruxo dixo que estaría así invisible, hastra que un neno, o menos nunha sema se portase ben e todo, obedecese, estudase, comese o caldo ainda que non lle gostase, tratase ben os animais, fose bon na escola...
Xa pois ten 19 fillos, acaba de dicir vostede, asi que, que se portén ben os 19
Xa D. Ricardiño, pro isa  non e a condición, sería  moi fácil, ten que ser un rapaz alleo, que o faga porque e un bon home, como tento que é vostede, a quen non lle costará nada, facer o que dixo o bruxo
Teño que pensalo, respostou o neno
Ricardiño, dixo o señor Ricardo, ten piedade de ise pobre pai de familia, e se lle pasara algo, así o teu pai
Esta ben, vouno intentar ca axuda de Deus e de Nosa Señora a Virxen do Carmen
Despedironse e sairon da tenda. Desde enton, e seman seguinte o Ricardiño foi o neno mais bon, que un se poida imaxinar; o seu avo, naquelas días non paseou, perto da tenda dos sombreiros.
Hastra un día xa pasaran coma dez días, voltaron a pasar, e botar unha ollada o escaparate, e non estaba o ditoso sombreiro
Vamos entrar a perguntar, qué foi do mesmo dixo o señor Ricardo
Xa dentro e tras os saudos, inqueriron que fora da sorte do sombreiro, a isto D. Eladio dixo
“Agarden un intre”, e foi dentro da tenda e tornou acompañado de un dos seus vendedores;  “ Eiquí xe lles presentó a D. César, meu empregado, amigo e o pai de familia que lle debe a sua felicidade a vostede, D. Ricardiño” Logo de dicir isto, dirixindose o vendedor, dixolle, iste cabaleiro que vé vostede aquí, D. Ricardiño, e o rapaz, que o desmeigou a vostede.
César o vendedor, saiu pra fora do mostrador, e dixo, “Permitamé cabaleiro, estreitar a sua man, teño con vostede unha dubida, eterna, e non so eu a miña dona, e os meus fillos”
Non ten vostede nin os seus nada que agradecerme, coma di o meu avo, eiqui presente, e amosou ca man a D. Ricardo, vimos iste mundo pra axudarnos uns os outros.
Sairon da tenda avo e neto tras despedirse, e durante un tempo non voltaron, o cabo dun par de días voltaron, pro todo parecía normal, Ricardiño seguiase a portar ben, hasta que volveu a facer trasnadas coma todo neno
Un día volveron a pasar por diante da sombrerería, e ali estaba un fermoso sombreiro de cabaleiro, que chamou a atención do neno
Se queres entramos a perguntar por il, dixo D. Ricardo
Non avo, non vaia ser que cobra a testa doutro home enmeigado, e tella eu que deixar de facer trasnadas, que unha vez pase, e a todo isto avo, cando xogue no café Rosalía, a partida co D. Eladio, digalle que o seu neto, non e parvo, que ten nove anos, dez fago pra o apóstol, e sei que foi todo un invento, D. César non esta enmeigado, nin o estivo, primeiro porque non hai bruxos, segundo porque e solteiro,seino porque e o mozo da miña catequista, a señorita Maruxa, pero decidin seguirlles o conto.
Qué me dis meu neto, ai pois voulles chamar atención
Avo, que tí tamen estabas no conto, non te preocupes xa levarei sombreiro cando sexa un pouco mais vello.
Fin

Nota 
Iste conto e a miña homenaxe o "Día das letras galegas"
Nun par de días poñerei a versión en castelan. Xa que español  esta  agora, e volverá estar cando o suba na lingua de Cervantes as duas son idiomas españoles e con elas o euskera o catalán o bable o valenciano y el silvo de La Gomera.
Pois español ven de España e de ela son todas istas linguas o idiomas.

No hay comentarios: