sábado, 6 de abril de 2019

O pan ( conto galego)



O pan

Carmela quedou viuva moi nova, con tres picariños  mais outro que naceu sete meses despois da morte do seu pai.

D’aquela  a xente casaba moi nova, o millor dito, casabana. Asi que os 20 anos, Carmela xa era nai de catro meniños,  probes, probes de andar a pedir non eran, pro ricos, o que se dí, ricos pois tampouco

Tiñan unha leiriña que traballaba  Carmela, cando podía, unha vaquiña, unha porca de cria, en alguns, coellos, e galiñas

Na aldea había un so  forno pra cocer o pan, o forno era propiedade do que antaño fora o señor feudal, e levavano, os seus herdeiros, o mellor dito, o herdeiro, Anton, un bon rapaz, que  só lles cobraba unha pequena cantidadade,  en fariña, cartos  u, outros bens

Carmela, iba  cocer o pan, coma os outros veciños e pagaba o mesmo que os outros, pro veu un día, que tivo malas colleitas, enton non podía pagar, e falou con Anton, Anton dixolle que xa pagaría cando poidese que primeiro ela e os nenos

E cando Carmela, quixo pagar, respostou, que estaba errada, que non lle debía nada

E outro día,  confesoulle que sentía por ila, algo especial, e quería que fose a sua dona, Carmela , dixolle que ila se debía o seu home, e os seus fillos, pro Anton, contoulle, que o matrimonio, era hasta a morte  dun dos esposos, e o seu marido, levaba xa morto  maís de catro anos. É que ademáis, por il, podían vivir coma irmans hasta que ela quixera

Pero Carmela,  rechazouno, non lle ia dar  os seus pequenos un padastro, e asi foi pasando o tempo, e ela seguía rechazando a Anton,  ainda que xa o amaba. As veciñas decían lle que era unha toleima, que os fillos marcharían un día, e unha muller precisaba un home que a defenderá, hai que lembrar que falamos do seculo XIV.

O caso foi, que chegou o día, en que os fillos de Carmela, marcharon da casa, a vivir as suas vidas, ningún quixo quedar ca nai,  foi enton cando Carmela, o ir cocer o pan, dixolle a Anton, que xa estaba soia,  Antón  perguntoille, por fillos,  e desexou toda clase de bens, e, ela dixolle,  o mellor agora, poderíamos

O que Anton respostou, non Carmela, xa e tarde eu, houbera sido un bo pai, dos teus fillos, pro agora acostumeime a vivir só, teño a miñas cousas, en non te faria feliz, debiches pensalo mellor  cando xo dixen, ti refutaxes  o meu amor, polos teus fillos, esquecendo que os fillos te deixarían un día

Agora so podemos ser bos amigos, e podes coma todos vir cocer o pan cando queiras

E Carmela quedou soa o resto da sua vida, Anton non, home e rico coma era, o final casou un dia nun matrimonio apañado cunha viuva rica o que non lle unía ningún sentimento
E as xentes notaban que no era feliz, hasta se volveu un poco amargado, e o mesmo lle pasou a Carmela, por non, aceptar o amor cando lles chamoou a porta

Fin

No hay comentarios: