lunes, 3 de agosto de 2020

O garrafon e o tren conto en galego

O garrafon e o tren conto en galego

Ista historia aconteceu fai moito tempo, nunha vila galega, da que tampocou, importa o nome;  a miña aboa e mais eu estiveramos pasando uns días na casa duns amigos que vivían nunha aldea perto Da  Cruña, non lembro o nome.

O caso foi que de ali, tiñamos que ir a outro pobo, a unha boda.
Así pois fomos pra o apeadeiro do tren; os apeadeiros como xa saberedes, son uns lugares non estación onde paran os trens, so hai unha cantina, un reloxo, e un o varios factores, e decir empregados do tren

Acercouse a miña aboa a una ventanilla, e perguntoi en castelan, porque daquelas os galegos non podíamos salvo como folclore falar galego, cousas do que mandaba, que era un galego, así pois feita a pergunta de canto ia tardar o tren, o,  funcionario respostou, "viene dentro de media hora señorita"; mi abuela  muy tiesa le replico,  "gracias pero señorita su madre"; dito iso tomoume da man, e fumos a sentar nun banquiño, so levabamos unha maleta pequeña, que non pesaba, de pronto eu fixeime nun home que tiña na man un garrafón, xa sabedes que un garrafón e unha botella de colo estreito, e corpo gordo, como non o paraba de ollar a aboa, riñeume dixome que non se podía ollar asi a xente, e velaiqui  que o home chegouse xunto a nos, saudonos dicindo

Bos días nos día Deus
Bos días nos día, e a su Gracia nos acompañe respostou a miña aboa

Enton comenzou unha conversa, a miña aboa dixo que iamos a unha boda, duns amigos, e dicho o nome da aldea, ou vila, pola sua parte, o home do garrafon, dixo que il ia pra mesma, que seguro se volvían ver

A aboa non poido conter a curiosidade e perguntou, porque levaba una garrafon con viño, se aquela era terra de bon viño

Sí que o é, dicho o home, bon viño e mellor xente, pro iste e da Ribeira Sacra, porque pra que vai servir, pensei que era o mellor lugar, voulle dicir unha cousa miña dona, a vostede e a sua rapariga, que imaxino sua neta, iste viño vai ter mais sorte e vai ser mellor co de Cana

Cabaleiro pregolle un respeto, co Evanxeo non se xoga, nin se fan mofas

Non as fago, xa entedera porque o digo

E asi falando doutras cousas, chegamos o destino, non, nos agardaba ninguen, pois non sabian a que hora iamos chegar, pro non quedaba lonxe, e chegamos  enseguida, a mitad do camiño, olisqueounos o can, e veu como un tolo, darnos a benvida

Mentras ceabamos cos amigos cuia filla ia casar o día seguinte, a nai da rapaza, falou de que tiñan un crego novo, non novo de idade, novo no curato, un home que axudaba a todos, aberto, e engadiu que xa o coñeceríamos pois no so ia celebrar a cirimonia da boda, se non que era un dos invitados

E chegou o día da boda,  e tanto a miña aboa coma eu quedamos coma parvas o ver que o crego era o home do garrafón do tren

Xa no banquete, o crego, e dicir o home do garrafón, dixo a miña aboa, "Agora coido que xa entende porque dixen que o viño ia ser mellor e ter más sorte que o de Cana, o de Cana foi un viño Noso Señor, sacou de auga, pro acabou bebido por xente boa, e mal, o que levaba eu no garrafon,  que tamen viña de Deus, porque todo o que temos ven dil,  trocouse, e seguira troncadose na Sangue do Noso Señor, iso o de Cana, non o tivo"

"E certo, ¿Pro digame iste que estamos a beber, non é o mesmo, dixeronme que vostede regalara o viño?"
"Dixeronlle ben, pro viño das miñas, viño de Amandi, que tamen e bon"

"¿Por que no ia con sotana no tren?"

"Pois vera eu coido que os cregos estamos pra servir, axudar, e non pra vivir coma reises, por iso fun de paisano, se ia coma crego, non me ian cobrar o viño, a xente e asi, moito ten que cambiar, coma un home corriente, iamo cobrar, e aquela xente vive de facer e vender o viño"

E vostede un bo home,, dixo a miña aboa

Pasaron moitas mas cousas, e eu paseino moi ben xogando con nenos da casa, a esqueciame de vos dicir que me chamou moito a atención que a noiva no fose de branco nin de largo, ia cun vestido corto moi lindo,, azul craro  cun ramo de lirios na man, cando perguntei, a sua nai, dixome, vai así porque xa leva a bendición de Deus na barriga, non entendin nada d'aquela, a miña aboa, cortou a conversa, diciendo, "hai que saber con quen se fala, esta a falar cun anxo", eu non via a muller falar con ningun anxo, falaba conmigo

Voltariamos o cabo dus meeses pro bautizo "da bendición de Deus", o crego que ficho o baptizo foi o mesmo do garrafón.

Fin


No hay comentarios: