O, carallo co progreso
Ramón ergueuse cedo, como facía dende había unha porrada de anos.
Agora era director executivo de un dos mais importantes consorcios de alimentación da Europa comunitaria
O, que o levaba a traballar tanto dende a sua casa, conectandose cos distintos departamentos, mandando correos, WhatsApp; como dende o despacho na empresa.
A todo isto non hay que esquecer, que estaba facendo un montón de cursos, entre os que se atopaban o mellorar as sete linguas que falaba e aprender algunha nova
Logo viñan os netos, os fillos, a sua dona de quen cada día estaba más engaiolado.
A sua casa coma non podía ser menos, estaba amoblada cos derradeiros inventos da demótica. E tanto os teléfonos fixos, coma os que aínda chamaba móbiles, eran pequenos cerebros electrónicos.
Moitas veces lembraba a sua infancia xa lonxana, na casa da sua avoa Carmela, nunha esquecida aldea de Galicia, viñan a sua mente, os seus miolos o rumor do rio baixando coma un cabritillo “pequeno”, dende as montañas hastra o val, as arboredas, o ceo limpo, o balar das ovellas, o muxir das vacas, e todos os mal chamados animais, o leite morno, recen sacado, muxido dos tetos das vacas, os terneiriños.
O lume da lareira crepitando, o gato e o can preto del, o pote o a tixola no lume, as ricas papas de millo, o maínzo ou zara
As comidas no longo comedor, as pitas subindo o piso, os ricos ovos, os xogos cos seus curmáns, co seu irmau Miguel, e a sua irma, Luciana, cos outros rapaces da vila
E sobor de todo, escoitar as historias, os contos moitas veces de modo, que contaba a avoiña
Non había luz eléctrica, pero non estaban a escuras, unha lampara ou quinqué de aceite os alumeaba. As novas, traíanas os pais, ou os tíos así coma os veciños que traballaban no pobo, e tamén as escoitaban dunha radio a pilas
Non había teléfono así que cando querían falar con alguén de fora, pos iban a cantina, que era o único sitio onde o había, e tamén na escola, pero clara ista pechaba os festivos, os domingos e nas vacacións
Il soia acompañar xa fose a sua nai, a quen de vez en cando chamaba dende Caracas, o seu home, Ramón, outras ia ca avoa, era toda unha experiencia, ir brincando penas abaixo, arrincando frores, xoganodo co cadelo, ollando as bolboretas…
Ben todo iso estaba moi ben, pero agora a vida era moito mellor, había luz, teléfonos, agua quente o minuto
Marchou pra a ducha, espiuse e abriu a auga quente, os gostáballe sentila esvarecer sobor da sua pel, antes de enxaboarse.
De súpeto notou a friaxe da auga, secouse e saíu rápido
Non había luz, comprobou que non se debese un fallo interno, e non era un apagon xeneral, pois ben xa viría a luz
O malo era que o fixo non funcionaba, Ramón lembraba que tanto na cantina, coma na escola, se algunha vez se ia a luz, o teléfono funcionaba o mesmo, o mestre lles explicara que iso era porque os teléfonos funcionaban con corrente alterna
Intentou traballar co seu latop, que non precisaba corrente, pero as redes, a conexión a Internet non funcionaba, de súpeto puido conectarse e soupo que había un apagon masivo, en todo o pais, en Portugal, Francia, e Italia. Non se sabían as causas nin cando se podería arranxar, fararano o antes posible, e daban unha serie de consellos
Tomou o seu Apel, pra chamar a sua muller o traballo e falar cos fillos, por si precisaban axuda cos cativos, como ir por iles a escola ou a gardería
Terían que xantar fora, pois na casa todo era eléctrico
Non puido falar, so breves mensaxes por WhatsApp, a sua muller dicholle, que a levaba a casa un compañeiro que tiña un coche normal, que mercase embutidos, queixos...en fin todo tipo de comida que non precisará ser cociñada
Tomou diñeiro e baixou os dez pisos que o separaban da rua, deu grazas a Deus e a Raquel a sua muller que non lle deixara alugar o piso 35º
Xa estaba na rua, agora o súper.
Que carallo me pasa, estou caendo, aínda non arrancharon o socavon de fai 3 meses
Non sabería dicir canto tempo estivo caendo. Doíalle a testa, e os cadrís
E xa, escoitou preto dil, a voz de unha muller
¿Atopase ben, señor, parece que non se mancou moito, diame a man?. Liscade, liscade fora. Non lles teña medo, dixo entrementres escorrentaba ca man un cadeliño de cor canela, en un gatiño.
Eu son lle a tía Carmela a viúva do zoqueiro
Eu son Ramón
Vaia, chamase vostede coma un dos meus netos, hoxe non se atopa, foi de excursión ca escola, van a cidade de Lugo, estarán catro días fora
Ramón ergueuse, estaba na aldea da su infancia, falando ca sua avoa paterna. Estaba no ceo
Por suposto no iba dicir a verdade, pero tiña que percurar quedar il, ou preto.
O carallo co progreso. Ainda lembro a novela que me prestou o meu amigo Carlos, eu entón era un rapaz, o argumento do libro, da novela que se titulaba. “O apagón”, e transcorría nos EE.UU. Ia de que por un apagón unha rapaza conectada a unha máquinas, estaba a piques de morrer. Parecía unha tolemia, pero non o era
Teño que ir a vila, aínda coñezo os camiños, buscarei unha libraría pra mercar un exemplar, pro de que falo. “Se estou ca escola de viaxe en Lugo, debo ter, e dicir, “Eu de este tempo en que caín, 11 anos, ou sexa que fai 45 anos, polo tanto estamos en 1980, si xa esta publicada, pero non creo a teñan aínda na vila; xa verei como baixo a cidade
Agora debo darme presa, a avoa e dicir a señora Carmen, chámame, non lle poido dicir a verdade, seguro que iba polo crego. D. Crescencio, pra que me escorrentase o demo do corpo.
A señora Carmen, presentou a Ramón os veciños, que o miraban coma se adiviñasen algo nil, e o mesmo fixo a seus fillos, e os nenos
Queens si sabían que era, eran o cadeliño e o gato. Por sorte non falaban
Sentouse cerca da lareira, a medio lume
Fixese, os animaiños de Deus, a min que non me digan que non teñen ialma, nin coñecemento, máis que moitos de nos. Saben, que e boa xente, mire istes dous lacazáns, o gato e o cadelo, hai veciños os que lle bufan, ben que lles bufa e o gato, o can ládralles, e a vostede coma se fosa da casa.
Ramon sorriu, e agarimou o gatiño e o cadeliño.
Ramon, Ramon. Desperta o, xa fai mais de oito horas que veu a luz
Abriu os ollos. ¿Onde estou?
Onde vas estar, no sofá quedacheste durmido, e o teu fillo, dixo que mellor non despertaches, soñaches en alto, ca tua avoa, e dicías moitas parvadas
¿Enton, non cain no socavon, foi todo un sono?. Foi todo un sono, non volvín a 1980, estou na época do maldito progreso. “O carallo co progreso”
Papá, dixo o seu fillo Felipe, enténdote, pero non fai pra tanto, e o progreso ten cousa boas, mira tes unha vídeo chamada dende Nova York da tua neta. Lucía, e grazas a técnica o progreso hai cousas boas
E malas, abondan mais a malas meu fillo
Non estou de acordo con ningures de vosoutros os que somos bos ou malos, somos nos a xente. Mellor dito. Malos e regulares. Que Bon so e Deus; Que a sua Bendita Luz, non, nos falle nunca, que pra a outra temos velas e lanternas
Mamá que mística, te puxeches
Mística non, non son Santa Teresa, muller cristia, que se sabe filla de Deus si. E agora ca bendición de Deus vamos a xantar, primeiro hai que darlles o cadelo e o gato
Ramon non dicho nada, so sorriu. De modo que os ladridos e os maullidos que pensaba escoitar en 1980, eran os do cadeliño Trump, e o gatiño Bolivar.
Fin
Iste relato e a miña aportación o dia das letras galegas, a idea deuma “O apagon que tivemos na derradeira semana”
Fin
No hay comentarios:
Publicar un comentario